Casa circular

Fogar castrexo circular reconstruído no castro de Santa Trega, A Guarda, Galicia.
Reconstrución de vivendas no Castro de Vigo, Galicia.

Unha casa circular (roundhouse en inglés) é un tipo de construción, xeralmente vivenda, cunha planta circular ou arredondada, orixinalmente construídas na Europa atlántica, usando paredes feitas en pedra ou de madeira e barro, e un típico colmado cónico coma cuberta. O diámetro destas construción vai dende diámetros de menos de 5 metros até casas de máis de 15 metros. Nos últimos tempos púxose de moda nalgúns países desenvolvido a construción de eco-vivendas circulares usando técnicas con materiais ecolóxicos como colmo, arxila, madeira e palla. En Galicia as vivendas circulares foron moi abundantes nos castros, incluso trala chegada dos romanos que introduciron a planta cadrada. A herdanza deste tipo de construción mantívose nalgúns lugares até comezos do século XXI, sendo o exemplo máis claro a palloza das serras orientais. As construción prerromanas circulares foron tamén frecuentes en todo o litoral atlántico europeo, relacionándose coa cultura celta e precelta. Existen casas circulares noutras partes do mundo, como en África.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search